Mostrando entradas con la etiqueta COMPETITIVIDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMPETITIVIDADE. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de julio de 2013

AXUDAS A EQUIPAMENTOS TECNOLÓXICOS PARA A INNOVACIÓN DAS PEMEs

O pasado 17 de Xuño, ademáis de levar o que escribe dous dias de matrimonio e comezando a Lua de Mel, convocáronse polo IGAPE as axudas a:
     -IG103_Proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das PEMES cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 euros;
     -IG174_Proxectos de equipamento das PEMEs no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros.

Quedarán excluidas PEMEs con CNAEs:
     -IG103:
a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura: 01, 02, 03 e 05 (agás 01.61, 01.62 e 02.40), 10.2 e 46.38.
b) O sector da industria siderúrxica: 24.1, 24.2, 24.3, 24.51 e 24.52.
c) O sector de fibras sintéticas.
d) O sector do carbón e do aceiro: 05.
e) O sector da construción naval: 30.11.
     -IG174:
a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura: 01, 02, 03 e 05 (agás 01.61, 01.62 e 02.40), 10.2 e 46.38.
b) O sector da industria siderúrxica: 24.1, 24.2, 24.3, 24.51 e 24.52.
c) O sector de fibras sintéticas.
d) O sector do carbón e do aceiro: 05.
e) O sector da construción naval: 30.11.

Será subvencionable a consolidación ou posta en marcha de actividades:
     -IG103:
a) A extracción, procesamento, transformación ou produción de minerais, produtos enerxéticos ou os seus derivados.
b) A industria.
c) Actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.
d) Actividades de eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.
e) Servizos auxiliares á industria.
f) Equipamentos tecnolóxicos para a creación ou ampliación de centros de desenvolvemento, investigación, ensaios ou laboratorios, xunto con instalacións piloto e experimentación de novas tecnoloxías, vinculados ás empresas cuxa actividade principal sexa subvencionable.
     -IG174:
-Construción;
-Comercio por xunto e o comercio polo miúdo, reparación de vehículos de motor e motocicletas;
-Transporte e almacenamento;
-Servizos hostaleiros de aloxamento;
-Servizos de información e comunicación;
-Seguros, reaseguros e fondos de pensión (excepto SSSS obrigatoria), actividades financeiras auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros;
-Actividades inmobiliarias;
-Actividades profesionais, científicas e técnicas;
-Actividades administrativas e servizos auxiliares;
-Educación;
-Actividades sanitarias e de servizos sociais;
-Actividades artísticas, recreativas e de entretemento;
-Outros servizos.

Os conceptos subvencionables serán:
     -IG103:
-Bens de equipamento de carácter tecnolóxico: maquinaria de proceso, instalacións específicas necesarias para a súa implantación, elementos de transporte interior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto;
-Propiedade intelectual e industrial, podendo incluír licenzas de fabricación e patentes;
-Equipamento específico para o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora da unidade de I+D da empresa.
     -IG174:
-Bens de equipamento de carácter tecnolóxico ligados directamente ao servizo prestado pola PEME;
-Equipamentos para proceso de datos;
-Software ligado ao servizo prestado pola empresa (non software de apoio a procesos internos da empresa, como ERPs);
-Activos fixos destinados á almacenaxe e loxística;
-Mobiliario e elementos decorativos (MÁX 20%)

A contía da axuda pode alcanzar ata o 50% en caso de PEQUENAS e o 40% en caso de MEDIANAS.

En ambos casos o prazo de presentación finaliza o 17 de Xullo de 2013.

Máis info:
CONVOCATORIA: DOG 17 Xuño 2013
Corr Erros 1: DOG 3 Xullo 2013
Corr Erros 2: DOG 9 Xullo 2013
Ampliación crédito IG103: DOG 12 Decembro 2013
Ampliación crédito IG174: DOG 30 Decembro 2013 

lunes, 7 de mayo de 2012

REORIENTACIÓN E COMPETITIVIDADE

Das catro liñas de que dispón este programa de "Reorientación e competitividade das PEMEs", o IGAPE convocou o venres 4 de Maio as liñas IG103 e IG174, moi similares entre sí.
 
A IG103 está destiñada a investimentos tecnolóxicos en PEMEs dos sectores:
  -EXTRACCIÓN, PROCESAMENTO, TRANSFORMACIÓN OU PRODUCCIÓN DE MINERAIS, PRODUCTOS ENERXÉTICOS OU OS SEUS DERIVADOS;
  -INDUSTRIA;
  -ELECTRÓNICA, BIOTECNOLOXÍA, ROBÓTICA, AUDIOVISUAL, TELEMÁTICA, TELECOMUNICACIONES E CALQUERA OUTRA DE AVANZADA TECNOLOXÍA;
  -ELIMINACIÓN, VALORIZACIÓN OU RECICLAXE DE RESIDUOS;
  -SERVIZOS AUXILIARES A INDUSTRIA;
  -CREACIÓN OU AMPLIACIÓN DE CENTROS DE DESENVOLVEMENTO, INVESTIGACIÓN, ENSAIOS OU LABORATORIOS XUNTO CON INSTALACIÓNS PILOTO E EXPERIMENTACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS.

Mentres que a liña IG174, destiñada a melloras dos equipamentos, se centra nas PEMEs do sector servizos, financiando os sectores:
  -CONSTRUCCIÓN;
  -COMERCIO POR XUNTO E O COMERCIO POLO MIÚDO, REPARACIÓN DE VEHÍCULOS DE MOTOR E MOTOCICLETAS;
  -SERVIZOS HOSTALEIROS DE ALOXAMENTO;
  -SERVIZOS DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN;
  -SEGUROS, REASEGUROS E FONDOS DE PENSIÓN EXCEPTO SSSS OBRIGATORIA, ACTIVIDADES FINANCIEIRAS AUXILIARES AOS SERVIZOS FINANCIEIROS E AOS SEGUROS;
  -ACTIVIDADES INMOBILIARIAS;
  -ACTIVIDADES PROFESIONAIS, CIENTÍFICAS E TÉCNICAS;
  -ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS E SERVIZOS AUXILIARES;
  -EDUCACIÓN;
  -ACTIVIDADES SANITARIAS E DE SERVICIOS SOCIAIS;
  -ACTIVIDADES ARTÍSTICAS, RECREATIVAS E DE ENTRETEMENTO;
  -OUTROS SERVIZOS.
 
Os gastos subvencionables na liña IG103 son:
 -BENS DE EQUIPAMENTO DE CARÁCTER TECNOLÓXICO: MAQUINARIA DE PROCESOS, INSTALACIÓNS ESPECÍFICAS, ELEMENTOS DE TRANSPORTE INTERNO, MEDIOS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E OUTROS BENS LIGADOS AO PROXECTO;
   -PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL, INCLUÍNDO LICENZAS DE FABRICACIÓN E PATENTES.

Mentres que na liña IG174:
 -BENS DE EQUIPAMENTO DE CARÁCTER TECNOLÓXICO EN XERAL, LIGADOS DIRECTAMENTE AO SERVIZO PRESTADO POLA PEME;
  -EQUIPAMENTOS PARA PROCESO DE DATOS;
  -SOFTWARE LIGADO AO SERVIZO PRESTADO POLA EMPRESA;
  -ACTIVOS FIXOS DESTINADOS Á ALMACENAXE E LOXÍSTICA;
  -MOBILIARIO E ELEMENTOS DECORATIVOS (MÁX 20%).
 
Outra diferenza son os importes dos investimentos subvencionables, no primeiro caso (IG103) se necesita un investimento mínimo de 100.000 euros e máximo de 500.000 €, mentres que no segunto (IG174) o mínimo redúcese a 30.000 e o máximo a 200.000 €.

Serán comúns tanto a cuantía da axuda: 50% para PEQUENAS, 40% para MEDIANAS e 30% para PEMEs do sector transporte, como o periodo de realización de gastos que va dende a data de solicitude ata o 30 de Setembro de 2012.

O prazo de solicitude tamén será o mesmo, en ambos casos remata o 4 de Xuño de 2012.