Mostrando entradas con la etiqueta DISEÑO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DISEÑO. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de abril de 2012

FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL

Co fin de fomentar a protección da propiedade industrial galego, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións, a Consellería de Economía e Industria convoca a anualidade 2012 desta liña de axudas: IN525A-FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL. Trátase de impulsar a protección das innovacións técnicas (invencións), e das innovacións de forma (deseños industriais) e de imaxe (signos distintivos) feitas por EMPRESAS PRIVADAS CON PERSONALIDADE XURÍDICA.

Se subvencionan ata un 70%, cun límite de 30.000 euros, gastos, incurridos dende o 1/01/2012 ata a data de solicitude, como:
   A. Solicitude de calquera título de propiedade industrial (invencións, creacións de formas e signos distintivos), incluíndo todos os trámites que sexan necesarios para a solicitude do título correspondente e que supoñan o pagamento dunha taxa oficial ante a oficina de propiedade industrial correspondente, así como a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes. Gastos subvencionables:
     -Taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites;
     -Consultoría externa* asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites.
   B. Mantemento de calquera título de propiedade industrial, incluíndo todos os trámites correspondentes á renovación de marcas, nomes comerciais e deseños industriais e á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade. Gastos subvencionables:
     -Taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites;
     -Consultoría externa* asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites.
   C. Análises de rexistrabilidade de calquera título de propiedade industrial (invencións, creacións de formas e signos distintivos). Gastos subvencionabas:
     -Consultoría externa* asociados á realización de buscas de antecedentes rexistrais ou informes de rexistrabilidade, efectuados con carácter previo á solicitude de protección do título.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 15 de Novembro de 2012, pero recordade que estas subvención tramitaránse en réxime de concorrencia NON competitiva, é dicir, o primeiro que as solicite as percibe mentres non se agote a partida presupuestaria, 500.000 euros, reservada para a liña de axuda.

*Os gastos en CONSULTORÍA teñen uns límites recollidos no ANEXO X da orde de bases reguladoras e convocatoria.