Mostrando entradas con la etiqueta coñecemento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coñecemento. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de enero de 2014

AXUDAS PARA PREVENCIÓN, PROTECIÓN, MELLORA E COÑECEMENTO AMBIENTAL (MT984B)

A Consellería de Medioambiente, preocupada pola produción e o consumo sustentable, publicou o luns as Bases Reguladoras e a Convocatoria 2014 para axudar en actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.

Está dirixido a PEMEs ou agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sempre que cada un dos seus integrantes asuma compromiso de execución. Agás na actuación C que se destina a PEMEs incluídas no ámbito de aplicación da Ley 16/2002. 

Con esta iniciativa preténdense incentivar actuacións de: 
  A. Reducción das emisións á atmosfera OU mellora da calidade físico-química do aire.
  B. Melloras do comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e residuos.
  C. Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais.
  D. Implantación e mantemento do EMAS.
  E. Determinación da pegada de carbono.

Sendo conceptos subencionables os seguintes INVESTIMENTOS que: 
  A1. Acaden unha redución efectiva de emisións de GEIs considerados polo Protocolo de Kyoto (CO2, CH4, N2O, HFC, PFC, SF6);
  A2. Melloren a calidade do aire e/ou reduzan ou melloren a medición das emisións distintas dos GEIs;
  A3. Reduzan o ruido.
  B1. Reutilicen productos ou materiais empregados;
  B2. Reduzan a cantidade de residuos industriais ou comerciais xerados;
  B3. Separen axeitadamente en orixe os residuos xerados;
  B4. Reciclen ou aproveiten de calqueira outra forma posterior os residuos xerados;
  B5. Introduzan melloras tecnolóxicas aplicadas á xestión e uso sustentable dos recursos e dos residuos;
  B6. Outras actuacións ou investimentos relacionados co obxetivo B.
  C1. ESTUDOS de análise de riscos ambientais en instalación industriais conforme ao RD 2090/2008;
  D1. TRABALLOS de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación do EMAS e rexistro da entidade;
  D2. TRABALLOS de verificación e validación necesiarias para renovación no rexistro cada 3 anos, a través da validación da declaración ambiental actualizada.
  E1. AUDITORÍA para a determinación da pegada de carbono CORPORATIVA ou dun ÚNICO produto, incluíndo a consultoría de determinación e a verificación.

As contías para estas subvencións acdas os seguintes porcentaxes:
  A. 40% ata 60.000 €;
  B. 60% ata 90.000 €;
  C e E. 60% ata 5.000 €;
  D. 60% ata 5.000 € se non dispoñen de ISO 14001 e ata 3.000 € se parten dunha ISO14001. 

E o prazo de solicitude estará aberto ata o 20 de Febreiro de 2014.

Mais info:
ORDE do 23 de Decembro de 2013: DOG 20 de Xaneiro de 2014, páxina 1.929
Corr erros ORDE 23/12/2013: DOG 29 de Xaneiro de 2014, páxina 3.708
Ampliación dotación orzamentaria: DOG 20 de Xuño de 2014, páxina 28.007

miércoles, 8 de mayo de 2013

PREVENCIÓN, PROTECIÓN, MELLORA E COÑECEMENTO AMBIENTAL


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas convocou onte axudas para actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
   
Estas axudas están destinadas a PEMEs (ou agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sempre que cada un dos seus integrantes asuma compromiso de execución) e para proxectos de:
  A. Reducción das emisións á atmosfera OU mellora da calidade do aire.
  B. Melloras do comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e residuos.
  C. Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais.
  D. Implantación e mantemento do EMAS.
  E. Determinación da pegada de carbono.
  
Con elas se busca subvencionar INVESTIMENTOS que:
  A1. Produzan unha redución efectiva de emisións de GEIs considerados polo Protocolo de Kyoto (CO2, CH4, N2O, HFC, PFC, SF6);
   A2. Melloren a calidade do aire e/ou reduzan ou melloren a medición das emisións distintas dos GEIs.
  B1. Reutilicen productos ou materiais empregados;
  B2. Reduzan a cantidade de residuos industriais ou comerciais xerados;
  B3. Separen axeitadamente en orixe os residuos xerados;
  B4. Reciclen ou aproveiten de calqueira outra forma posterior os residuos xerados;
  B5. Introduzan melloras tecnolóxicas aplicadas á xestión e uso sustentable dos recursos e dos residuos;
  B6. Outras actuacións ou investimentos relacionados co obxetivo B.
  C1. ESTUDOS de análise de riscos ambientais en instalacións industriais conforme ao RD 2090/2008.
  D1. TRABALLOS de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación do EMAS e rexistro da entidade;
  D2. TRABALLOS de verificación e validación necesiarias para renovación no rexistro cada 3 anos, a través da validación da declaración ambiental actualizada.
  E1. AUDITORÍA para a determinación da pegada de carbono dun ÚNICO produto, inclíndo a consultoría de determinación e a verificación.
  
Teñen unhas contías de axuda en forma de subvención:
  A e B: 80% ata 150.000 €;
  C e E: 60% ata 10.000 €;
  D: 60% ata 5.000 € se non dispoñen de ISO 14001 e ata 3.000 € se parten dunha ISO 14001 ou amplien o alcance do sistema. 
  
O prazo para a súa solicitude remata o 6 de xuño de 2013, e poderán incluirse gastos realizados entre:
   A, B, C e E: 1/XANEIRO/2013 - 30/NOVEMBRO/2013
   D: 1/XANEIRO/2013 - 30/XUÑO/2013
  
Máis info:
BR e Convocatoria: ORDE do 1 de Abril de 2013 (DOG 7 de Maio de 2013, páxina 14.582)
Ampl orzamento: ORDE do 27 de Agosto de 2013 (DOG 9 de Setembro de 2013, páx. 35.555