Convocadas polo INEGA axudas para a realización de actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector
industrial e de servizos (art. 21 REGLAMENTO
(CE) 800/2008).
Esta axuda están destiñadas as actuacións seguintes:
a) Sector Industria: investimentos ou
gastos, incluíndo montaxe e posta en marcha, en:
a.1) Substitución
ou mellora de equipamentos e instalacións consumidores de enerxía do proceso
produtivo, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu
funcionamento, por equipamentos e
instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía
dispoñible. O aforro enerxético mínimo requirido deberá
ser dun 5%.
a.2) Renovación de equipamentos de instalacións existentes de produción
de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas,
por outras de alta eficiencia enerxética
con maior rendemento enerxético, con excepción das que utilicen enerxías renovables. O aforro enerxético
mínimo requirido deberá ser dun 20%.
a.3) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación
interior existentes que leven asociada unha redución anual do consumo de ao menos un 30%, garantindo un confort
lumínico adecuado á tarefa que se vai realizar.
a.4) Calquera outra actuación que implique un aforro enerxético mínimo
dun 20%.
b) Sector servizos: investimentos ou
gastos, incluíndo montaxe e posta en marcha, en:
b.1) Substitución de equipamentos para producir calor e/ou frío por
outros con maior rendemento enerxético, excepto os que empreguen enerxías
renovables. Deberán reducir os consumos de calefacción e refrixeración como
mínimo nun 20%.
b.2) Medidas necesarias para implementar unha contabilización e/ou
telexestión do consumo de enerxía.
b.3) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación
interior existentes que leven asociada unha redución anual do consumo de ao menos un 30%, garantindo un confort
lumínico adecuado á tarefa que se vai realizar.
b.4) Calquera outra actuación
que implique un aforro enerxético mínimo dun 20%.
As entidades beneficiarias deberán ser:
-Empresas ou autónomos do sector da industria
(CNAE-09 seccións C e D) e do sector servizos, excepto
industria extractiva enerxética, refinación do petróleo e biocombustible,
xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
-Empresas de servizos
enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de
enerxía e que o obxecto dos contratos sexa a consecución
de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
A contía das subvencións dependerá do tamaño da empresa: Pequenas: 40%; Medianas: 30%; Grandes: 20%; e nunca superará os 200.000€/proxecto, cun investimento mínimo de 6.000€.
Si estades interesados o prazo de solicitude remata o 20 de Xuño de 2013.
Máis info:
BR e Convocatoria: RESOLUCIÓN do 14 de Maio de 2013 (DOG
21 de Maio de 2013, páx. 17.405)
Corr erros: DOG
27 de Maio de 2013, páx. 18.681
Modificacións: DOG 11 de Xullo de 2013, páx. 27.605
Ampl prazo xustif: DOG 24 de Setembro de 2013, páx. 37.750
Modificacións: DOG 11 de Xullo de 2013, páx. 27.605
Ampl prazo xustif: DOG 24 de Setembro de 2013, páx. 37.750

No hay comentarios:
Publicar un comentario