domingo, 15 de septiembre de 2013

CREACIÓN OU INVESTIMENTOS EN PEMES NOVAS PROMOVIDAS POR NOVOS EMPRENDEDORES

Dentro de mes e medio finaliza o prazo para a solicitude de axudas para proxectos de creación de PEMEs ou de realización de investimentos en PEMEs novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento (IG107).

Estas axudas convocadas polo IGAPE están dirixidas a PEMEs coas seguintes características: 
     1. Composición do capital: maioritariamente pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados dunha rede business-angels. A participación de persoas que desenvolvan outras actividades económicas non poderá exceder o 49%. Alo menos unha persoa física sen outra actividade económica con participación superior ao 20% deberá ter unha dedicación plena. 
     2. Antiguedade da actividade: a) Autónomos: alta censal non superior a 1 ano dende a solicitude de axuda, e dedicación plena; b) Sociedades: constitución e alta censal non superior a 1 ano. 
     3. Contribución financeira exenta de axudas públicas: alo menos un 25% mediante recursos propios ou financiamento externo. 
     4. Actividades excluídas: CNAE 09: 01 (agás 01.61 e 01.62), 02 (agás 02.40), 03, 05, 10.2, 24.1, 24.2, 24.3, 24.52, 24.52, 30.11, 46.38, sector fibras sintéticas, e sector hostalaría, restauración e hospedaxe (agás dúas estrelas ou superior).

Os conceptos financiables son:
  a) INVESTIMENTOS en:
  i. Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións.
  ii. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, utensilios, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas, elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento. Nos sectores do transporte e loxístico non serán subvencionables os elementos de transporte exterior.
  iii. Outros activos fixos mobiliarios.
  iv. Inmobilizado inmaterial: aplicacións informáticas, gastos I+D; propiedade industrial e intelectual, incluíndo licenzas de fabricación, patentes e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano. 
  b) APROVISIONAMENTOS de materias primas, produtos terminados ou servizos de profesionais independentes (MÁX 10%). 
  c) ALUGUER DE BENS INMOBLES (MÁX 1 ANO). 
  d) INFORME DE AUDITORÍA

A contía da axuda vai dun mínimo do 15% ata un máximo do 50% segundo: 
   1. INVESTIMENTOS: Medianas: 40%; Pequenas: 50%; Sector transporte: 30%; Sector transformación e comercialización produtos agrícolas: 50% 
   2. ALUGUERES: Pequenas: 35% 
   3. AUDITORÍA: 50% 
Para municipios das comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal, Costa da Morte, e das provincias de Lugo e Ourense garántese unha axuda mínima do 25%.

Indicar que o investimento mínimo debe ser de 35.000 € e o máximo de 500.000.
 
Como indicaba ao principio o prazo de solicitude remata o 30 de Outubro de 2013.

Máis info:
RESOLUCIÓN do 20 de Maio de 2013: DOG 30 de Maio de 2013, páx. 19.222

No hay comentarios:

Publicar un comentario