jueves, 22 de agosto de 2013

AXUDAS PARA O EMPREGO: I+E+E E AUTÓNOMO

A Conselleria de Traballo e Benestar acaba de convocar o Programa de Fomento das Iniciativas Emprendedoras e de Emprego (I+E+E) e o Programa para a Promoción do Emprego Autónomo.

PROGRAMA I+E+E (TR340K)

A finalidade deste Programa I+E+E é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na CC.AA. de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Este Programa inclúe os seguintes tipos de axudas:
     a) Subvención á xeración de emprego estable (ata 6.000e).
     b) Subvención financeira de préstamos para inmobilizado (redución dos tipos interés).
     c) Subvención para asistencia técnica para formación e estudos ou informes (ata 12.000e).
     d) Subvención para o inicio da actividade (ata 4.800e por emprego).
     e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras (ata 3.000e).

PROGRAMA EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

Por outro lado, o Programa de Emprego Autónomo ten como finalidade a promoción e axuda a financiación daqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como
persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Os tipos de axuda deste programa son:
     a) Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia (ata 10.000e).
     b) Subvención financeira de préstamos para inmobilizado (redución dos tipos interés).

O prazo xeral para solicitar ditas axudas remata o 30 de setembro de 2013.

Máis info:
BR e convocatoria I+E+E: ORDE do 19 agosto 2013, páx. 33.771
BR e convocatoria Emprego autónomo: ORDE do 19 agosto 2013, páx. 33.813
Corr erros Emprego autónomo: DOG 12/09/2013
Convocatoria I+E+E anterior: XACHODICÍAEU

No hay comentarios:

Publicar un comentario