O pasado 2 de decembro o IGAPE convoca as axudas para INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN (IG114), é dicir, axudas destiñadas a ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO CON PERSONALIDADE XURÍDICA PROPIA E ACTIVIDADES DIRIXIDA AO MUNDO EMPRESARIAL para incentivar actuacións empresariais como:
a) Xornadas técnicas, seminarios,
foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías,
ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.
b) Encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).
c) Congresos ou eventos expositivos de alcance internacional.
Para estas actuación tipo a) subvencionaránse conceptos como:
1. Publicidade.
2. Elaboración documentación e edición relatorios ou publicacións.
3. Contratación de relatores.
4. O IVE cando o solicitante acredite a súa exención.
Nos encontros de business angels subvencionaránse os custos da súa organización, e nos congresos ou exposicións o custo de organizar nos mesmos iniciativas de interese xeral.
E cunha cuantía pode alcanzar o 100% nas liñas b) e c), e o 70% na liña a), sempre cos seguintes límites:
a) Segundo o alcance do evento:
-Provincial ou inferior: 6.000 euros.
-Autonómico: 9.000 euros.
-Nacional: 12.000 euros.
-Internacional: 20.000 euros.
b) 10.000 € por xuntanza.
c) 50.000 € ampliables a 125.000 € no caso de:
-Eventos con periodicidade anual ou superior.
-Histórico de celebracións de polo menos 5 edicións previas.
-Participación de congresistas
(congresos) ou expositores (eventos expositivos) de polo menos 10
países distintos na última edición.
Lembrade que si queredes presentar algunha acción tedes para facer a solicitude ata o 3 de Marzo de 2014, e para executar ata o 15 de Decembro de 2014.
Máis info:
Convocatoria 2014: RESOLUCIÓN 26 novembro 2013 (DOG 2 decembro 2013, páx. 46.545)
Corrección erros: DOG 23 decembro 2013, páx. 49.410;
Modificacións BR: DOG 28 marzo 2014, páx. 13.293;
Ampliación crédito: DOG 13 xuño 2014, páx. 26.900.
Corrección erros: DOG 23 decembro 2013, páx. 49.410;
Modificacións BR: DOG 28 marzo 2014, páx. 13.293;
Ampliación crédito: DOG 13 xuño 2014, páx. 26.900.

No hay comentarios:
Publicar un comentario