domingo, 26 de enero de 2014

AXUDA AO FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL

Co fin de fomentar a protección da propiedade industrial galego, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións, a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN convoca a anualidade 2014 desta liña de axudas: IN525A-FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL. Trátase de impulsar a protección das innovacións técnicas (invencións) feitas por EMPRESAS PRIVADAS CON PERSONALIDADE XURÍDICA.

Se subvencionan ata nun 70%, cun límite de 30.000 euros, gastos, incurridos dende o 1/01/2014 ata a data de solicitude, como:
   A. SOLICITUDE de títulos de propiedade industrial correspondente a invencións, incluíndo todos os trámites que sexan necesarios para a solicitude do título correspondente e que supoñan o pagamento dunha taxa oficial ante a oficina de propiedade industrial correspondente, así como a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes. Gastos subvencionables:
     -Taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites;
     -Consultoría externa* asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites.
   B. MANTEMENTO de títulos de propiedade industrial correspondente a invencións, incluíndo todos os trámites correspondentes á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade. Gastos subvencionables:
     -Taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites;
     -Consultoría externa* asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites.
   C. ANÁLISES DE REXISTRABILIDADE de títulos de propiedade industrial correspondente invencións. Gastos subvencionabas:
     -Prezos públicos aplicados pola OEPM asociados á realización de buscas retrospectivas ou informes tecnolóxicos de patentes.
     -Consultoría externa* asociados á realización de buscas de antecedentes rexistrais ou informes de rexistrabilidade, efectuados con carácter previo á solicitude de protección do título.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 31 de Maio de 2014, pero recordade que estas subvención tramitaránse en réxime de concorrencia NON competitiva, é dicir, o primeiro que as solicite as percibe mentres non se esgote a partida presupuestaria, 250.000 euros, reservada para a liña de axuda.

*Os gastos en CONSULTORÍA teñen uns límites recollidos no ANEXO V da Resolución de bases reguladoras e convocatoria. 

Máis info:
RESOLUCIÓN do 30 de Decembro de 2013: DOG 24 de Xaneiro de 2014, páx. 3.009

No hay comentarios:

Publicar un comentario