O
venres 24 de xaneiro a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocou as
axudas para incentivar o desenvolvemento de actuacións que
incidan na capacidade competitiva das empresas e que incrementen a súa
capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos
materiais
específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a
dotación de unidades de I+D como via de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou
mellorados produtos ou servizos, e a transferencia de tecnoloxía.
Están dirixidas a EMPRESAS PRIVADAS CON PERSONALIDADE XURÍDICA (CNAE-09 excluidos: 01, 02, 03, 05, 10.2, 24.1, 24.2, 24.3, 24.51,
24.52, 30.11, sector de fibras sintéticas e actividades relacionadas coa
exportación).
Son subvencionables os activos materiais e intanxibles vinculados a:
1. Maquinaria necesaria para o proxecto. Agás medios e equipamentos de transporte no sector do transporte.
2. Equipamento
específico para a unidade de I+D.
3.
Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos
equipamentos adquiridos (MÁX 25%).
4. Adquisición de dereitos de propiedade
industrial relativos a invencións.
Estes activos deben ser necesarios para os proxectos:
A.
Creación
dun novo centro produtivo ou a ampliación dun establecemento da empresa solicitante coa
finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.
B.
Diversificación da produción dun
establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.
C.
Transformación fundamental de carácter innovador no proceso
global de produción dun establecemento existente.
D.
Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas
mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para
a xeración de desenvolvemento tecnolóxico (Dotación de unidades de I+D).
E. Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións.
Esta convocatoria oferta unha contía de subvención de:
PEQUENA EMPRESA: 50%
MEDIANA
EMPRESA: 40%
GRAN EMPRESA e SECTOR TRANSPORTE: 30%
Serán necesarios uns orzamentos mínimos de 50.000 euros para os proxectos tipo A, B e C, 30.000 euros para os tipo D, e sin orzamento mínimo para os tipo E.
O prazo de solicitude remata o próximo 24 de febreiro.
Máis info:
Máis info:
RESOLUCIÓN do 30 de Decembro de 2013: DOG 24/01/2014, páx. 3.044
Ampliación da dotación orzamentaria: RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2014
Ampliación da dotación orzamentaria: RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario