Mostrando entradas con la etiqueta DIFUSIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIFUSIÓN. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de agosto de 2013

PROMOCIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN NO SECTOR TEXTIL-MODA-CONFECCIÓN

Co fin de incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción e acceso a mercados, xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector TEXTIL-MODA-CONFECCIÓN nos mercados externos a Galicia, tanto estatais coma internacionais, o IGAPE acaba de convocar estas axudas IG515B (convocadas en anos anteriores pola Consellería de Economía e Industria).

Están destinadas a empresas privadas  do  sector téxtil-moda-confección dadas de alta nos grupos 43, 44, 45 ou 613 do IAE, pero OLLO, deben dispor dun DIAGNÓSTICO POSITIVO do Potencial de Internacionalización realizado por IGAPE ou ICEX cun máximo de 4 anos de antiguedad.

Tanto as actuacións como os conceptos subvencionables son os seguintes:
   a) Actuacións de difusión: gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución, impresión e inserción:
a.1: Difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en prensa, revistas, internet e valos publicitarios fóra de Galicia.
a.2: Difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito de Galicia.
   b) Actuacións de promoción:
b.1: Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que teñan lugar fóra de Galicia: gastos de aluguer de espazos e servizos; construción, montaxe e decoración de postos; transporte do material de exposición; inscrición e seguro obrigatorio; inserción no catálogo da feira; estilismo; fotografía; modelos; traballos de gabinetes de comunicación; contratación de intérpretes.
b.2: Córners situados tanto no mercado nacional como internacional para favorecer a promoción a través de exposicións permanentes así como mellorar a presenza da marca nos puntos de venda e show-rooms sempre que sexan no estranxeiro: gastos de construción, amoblamento, decoración e deseño do espazo; traballos de gabinetes de comunicación.
   c) Actuacións de acceso a mercados: gastos de asesoramento xurídico e legal; viaxes de prospección realizados por persoal da empresa e referidos unicamente a transporte público (avión ou tren) e establecementos hoteleiros (aloxamento e almorzo), cun máximo de dúas persoas.
c.1: Estratexia de penetración nos mercados externos a Galicia a través da expansión da marca.
c.2: Estratexias de penetración nos mercados internacionais a través de licenzas de marca.

A contía da axuda dependerá do tamaño da empresa solicitante, e cun máximo de 120.000 €:
      MICROEMPRESAS: 60%;
      PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS: 50%;
      GRANDES EMPRESAS: 30%.

As actuación poden ir dende o 1/01/2013 ata o 31/10/2013, excepto ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN realizadas dende o 31/10/2012 e gastos efectuados no 2012 en concepto de RESERVA para participar en eventos expositivos realizados no 2013.

O prazo de solicitude destas axudas remata o 19 de Setembro de 2013.

Máis info:
BR e Convocatoria: RESOLUCIÓN 30 xullo 2013 (DOG 19/08/2013, páx. 33.284)
Solicitude: OFICINA VIRTUAL do IGAPE
Ampliación crédito: RESOLUCIÓN 17/12/2013 (DOG 19/12/2013, páx. 48.870)

lunes, 21 de mayo de 2012

INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN

O 16 de maio, previo ao Día das Letras Galegas, convoca o IGAPE as axudas para INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN (IG114), é dicir, axudas destiñadas a ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO CON PERSONALIDADE XURÍDICA PROPIA para incentivar actuacións empresariais como:
     a) Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.
     b) Encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).
     c) Congresos ou eventos expositivos de alcance internacional.

Para estas actuación subvencionaránse conceptos como: 
     1. Publicidade.
     2. Elaboración documentación e edición relatorios ou publicacións.
     3. Contratación de relatores.
     4. O IVE cando o solicitante acredite a súa exención.

E cunha cuantía pode alcanzar o 100% nas liñas b) e c), e o 70% na liña a), sempre cos seguintes límites:
     a) Segundo o alcance do evento:
          -Provincial ou inferior: 6.000 euros.
          -Autonómico: 9.000 euros.
          -Nacional: 12.000 euros.
          -Internacional: 20.000 euros.
     b) 10.000 € por xuntanza.
     c) 50.000 € ampliables a 150.000 € no caso de:
          -Eventos con periodicidade anual ou superior.
          -Histórico de celebracións de polo menos 5 edicións previas.
          -Participación de congresistas (congresos) ou expositores (eventos expositivos) de polo menos 10 países distintos na última edición.

Lembrade que si queredes presentar algunha acción tedes para facer a solicitude ata o 18 de Xuño, e para executar ata o 30 de Setembro de 2012.