Co fin de incentivar o desenvolvemento de actuacións e
estratexias de difusión, promoción e acceso a mercados, xeradoras de vantaxes
competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do
sector TEXTIL-MODA-CONFECCIÓN nos mercados externos a Galicia, tanto estatais
coma internacionais, o IGAPE acaba de convocar estas axudas IG515B (convocadas en anos anteriores pola Consellería de Economía e Industria).
Están destinadas a empresas privadas do sector téxtil-moda-confección dadas de alta
nos grupos 43, 44, 45 ou 613 do IAE, pero OLLO, deben dispor dun DIAGNÓSTICO POSITIVO do
Potencial de Internacionalización realizado por IGAPE ou ICEX cun máximo de 4
anos de antiguedad.
Tanto as actuacións como os conceptos subvencionables son os seguintes:
a) Actuacións de difusión: gastos de deseño, elaboración,
edición, montaxe, produción, tradución, impresión e inserción:
a.1: Difusión e divulgación con
fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en prensa,
revistas, internet e valos publicitarios fóra de Galicia.
a.2: Difusión e divulgación con
fins promocionais realizadas a través de material promocional como catálogos,
contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan
información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e
coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito de Galicia.
b) Actuacións de promoción:
b.1: Participación en feiras, desfiles,
certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que
teñan lugar fóra de Galicia: gastos de aluguer de espazos e servizos; construción, montaxe e decoración de
postos; transporte do material de exposición; inscrición e seguro obrigatorio;
inserción no catálogo da feira; estilismo; fotografía; modelos; traballos de gabinetes
de comunicación; contratación de intérpretes.
b.2: Córners situados tanto no
mercado nacional como internacional para favorecer a promoción a través de
exposicións permanentes así como mellorar a presenza da marca nos puntos de
venda e show-rooms sempre que sexan no estranxeiro: gastos de construción, amoblamento,
decoración e deseño do espazo; traballos de gabinetes de comunicación.
c) Actuacións de acceso a
mercados: gastos de asesoramento xurídico
e legal; viaxes de prospección realizados por persoal da empresa e referidos unicamente
a transporte público (avión ou tren) e establecementos hoteleiros (aloxamento e
almorzo), cun máximo de dúas persoas.
c.1: Estratexia de penetración nos
mercados externos a Galicia a través da expansión da marca.
c.2: Estratexias de penetración nos mercados internacionais a través de
licenzas de marca.
A contía da axuda dependerá do tamaño da empresa solicitante, e cun máximo de 120.000 €:
MICROEMPRESAS: 60%;
PEQUENAS E
MEDIANAS EMPRESAS: 50%;
GRANDES EMPRESAS: 30%.
As actuación poden ir dende o 1/01/2013 ata o 31/10/2013, excepto ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN
realizadas dende o 31/10/2012 e gastos efectuados no 2012 en concepto de RESERVA
para participar en eventos expositivos realizados no 2013.
O prazo de solicitude destas axudas remata o 19 de Setembro de 2013.
Máis info:
BR e Convocatoria: RESOLUCIÓN 30 xullo 2013 (DOG
19/08/2013, páx. 33.284)
Solicitude: OFICINA VIRTUAL do IGAPE
Ampliación crédito: RESOLUCIÓN 17/12/2013 (DOG 19/12/2013, páx. 48.870)
Ampliación crédito: RESOLUCIÓN 17/12/2013 (DOG 19/12/2013, páx. 48.870)

No hay comentarios:
Publicar un comentario