Mostrando entradas con la etiqueta NOVO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de junio de 2012

CREACIÓN OU INVESTIMENTOS EN PEMEs NOVAS

Para potenciar a creación de PEMEs ou a realización de investimentos en PEMEs novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento, o IGAPE acaba de convocar as axudas IG107.

Debido a que se busca axudar ás empresas no seu comezo, os beneficiarios serán PEMEs coas seguintes características:
1. Composición do capital: maioritariamente pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia, e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados dunha rede business-angels. A participación de persoas que desenvolvan outras actividades económicas non poderá exceder o 49%. Alo menos unha persoa física sen outra actividade económica con participación superior ao 20% deberá ter unha dedicación plena.
2. Antiguedade da actividade: a) Autónomos: alta censal non superior a 1 ano dende a solicitude de axuda, e dedicación plena; b) Sociedades: constitución e alta censal non superior a 1 ano.
3. Contribución financeira exenta de axudas públicas: alo menos un 25% mediante recursos propios ou financiamento externo.
4. Actividades excluídas: CNAE 09: 01 (agás 01.61 e 01.62), 02 (agás 02.40), 03, 05, 10.2, 24.1, 24.2, 24.3, 24.52, 24.52, 30.11, 46.38, sector fibras sintéticas, e sector hostalaría, restauración e hospedaxe (agás dúas estrelas ou superior).

Serán conceptos subvencionables:
a) INVESTIMENTOS en:
  i. Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións (MÁX segundo ANEXO VI da RESOLUCIÓN).
  ii.  Bens de equipamento: maquinaria de proceso, utensilios, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas, elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento. Nos sectores do transporte e loxístico non serán subvencionables os elementos de transporte exterior.
  iii.  Outros activos fixos mobiliarios.
  iv.  Inmobilizado inmaterial: aplicacións informáticas, gastos I+D; propiedade industrial e intelectual, incluíndo licenzas de fabricación, patentes e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.
b)  APROVISIONAMENTOS de materias primas, produtos terminados ou servizos de profesionais independentes (MÁX 10%).
c)  ALUGUER DE BENS INMOBLES (MÁX 1 ANO).
d)  INFORME DE AUDITORÍA.

A cuantía da axuda total pode alcanzar o 50% dos gastos subvencionables e cos seguintes límites:
   1. INVESTIMENTOS: Medianas: 40%; Pequenas: 50%; Sector transporte: 30%; Sector transformación e comercialización produtos agrícolas: 50%.
   2. ALUGUERES: Pequenas: 35%.
   3. AUDITORÍA: 50%.
Para elo debe efectuarse un investimento entre 35.000 e 500.000 euros.

Para municipios das comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal, Costa da Morte, e das provincias de Lugo e Ourense garántese unha axuda mínima do 25%.

Se estades interesados recordade que o prazo de solicitude remata o 15 de Novembro de 2012, sempre que non se esgote o crédito orzamentario reservado para esta axuda (en 2012 é de 1.200.000 €).

BR e Convocatoria: RESOLUCIÓN do 11 de Xuño de 2012 (DOG 18 de Xuño de 2012, páx. 23.836)