Para potenciar a creación de PEMEs ou a
realización de investimentos en PEMEs novas promovidas por novos emprendedores
para a ampliación do seu novo establecemento, o IGAPE acaba de convocar as axudas IG107.
Debido a que se busca axudar ás empresas no seu comezo, os beneficiarios serán PEMEs coas seguintes características:
1. Composición do capital: maioritariamente pola suma das participacións de persoas físicas que non estean
acometendo outras actividades económicas por conta propia, e das achegas de
entidades de capital risco e investidores privados dunha rede business-angels.
A participación de persoas que desenvolvan outras
actividades económicas non poderá exceder o 49%. Alo menos unha persoa física sen outra actividade económica con
participación superior ao 20% deberá ter unha dedicación plena.
2. Antiguedade da actividade: a) Autónomos: alta
censal non superior a 1 ano dende a solicitude de axuda, e dedicación plena; b)
Sociedades: constitución e alta censal non superior a 1 ano.
3. Contribución financeira exenta de axudas públicas: alo menos un 25% mediante recursos propios ou financiamento externo.
4. Actividades excluídas: CNAE 09: 01 (agás 01.61
e 01.62), 02 (agás 02.40), 03, 05, 10.2, 24.1, 24.2, 24.3, 24.52, 24.52, 30.11,
46.38, sector fibras sintéticas, e sector hostalaría,
restauración e hospedaxe (agás dúas estrelas ou superior).
Serán conceptos subvencionables:
a) INVESTIMENTOS en:
i. Obra civil para construción,
reforma ou habilitación de instalacións (MÁX segundo ANEXO
VI da RESOLUCIÓN).
ii. Bens de equipamento: maquinaria de proceso,
utensilios, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas,
elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior,
medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento. Nos sectores do
transporte e loxístico non serán subvencionables os elementos de transporte
exterior.
iii. Outros activos fixos
mobiliarios.
iv. Inmobilizado inmaterial: aplicacións informáticas,
gastos I+D; propiedade industrial e intelectual, incluíndo licenzas de
fabricación, patentes e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.
b) APROVISIONAMENTOS de materias primas,
produtos terminados ou servizos de
profesionais independentes (MÁX 10%).
c) ALUGUER DE BENS INMOBLES (MÁX 1 ANO).
d) INFORME DE AUDITORÍA.
A cuantía da axuda total pode alcanzar o 50% dos gastos subvencionables e cos seguintes límites:
1. INVESTIMENTOS: Medianas: 40%; Pequenas:
50%; Sector transporte: 30%; Sector transformación e comercialización produtos
agrícolas: 50%.
2. ALUGUERES: Pequenas: 35%.
3. AUDITORÍA: 50%.
Para elo debe efectuarse un investimento entre 35.000 e 500.000 euros.
Para municipios das comarcas de Ferrol, Eume,
Ortegal, Costa da Morte, e das provincias de Lugo e Ourense garántese unha
axuda mínima do 25%.
Se estades interesados recordade que o prazo de solicitude remata o 15 de Novembro de 2012, sempre que non se esgote o crédito orzamentario reservado para esta axuda (en 2012 é de 1.200.000 €).
BR e Convocatoria: RESOLUCIÓN do 11 de Xuño de 2012 (DOG
18 de Xuño de 2012, páx. 23.836)

No hay comentarios:
Publicar un comentario