miércoles, 14 de agosto de 2013

INVESTIGACIÓN NO SECTOR AGROALIMENTARIO, AGRÍCOLA E FORESTAL

A Consellería de Medio Rural convocou o pasado 22 de xullo as axudas para a realización de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario e forestal. Entendéndose por novo produto a obtención dun ben anteriormente inexistente; por novo proceso que implica a obtención dun novo uso transformado para unha materia prima preexistente; e por nova tecnolóxica a mellora da eficiencia dun proceso produtivo.

Está destianda aos seguintes beneficiarios: 
  A. Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura. 
  B. Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

Poderán participar baixo a forma de axentes cooperantes e cun mínimo do 10% do orzamento: 
  C. Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria. 
  D. Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e do Mar e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da CC.AA. (PARTICIPACIÓN OBRIGADA)

Esta axuda subvenciona actividades de: 
  1. Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e os seus transformados. 
  2. Iniciativas de cooperación que introduzan melloras ambientais en procesos e tecnoloxías de produción e transformación agroalimentaria. 
  3. Iniciativas de cooperación que permitan o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal.

E serán conceptos subvencionables:
  1.A. ENTIDADES PRIVADAS: PERSOAL PROPIO (MÁX 25%x[ORZAMENTO TOTAL MENOS CUSTOS AXENTES COOPERANTES]); 
  1.B. CENTROS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN OU TECNOLÓXICOS (non poden imputar PERSOAL PROPIO): PERSOAL TEMPORAL CONTRATADO (doutores, titulación universitaria ou técnica de grado medio ou superior) e PEROAL DE APOIO NON VINCULADO ESTATUTARIA OU CONTRACTUALMENTE; 
  2. EQUIPAMENTO E INSTRUMENTAL (dedicación); 
  3. ADECUACIÓN OU MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO; 
  4. SERVICIOS TECNOLÓXICOS EXTERNOS: análises, ensaios de laboratorio, enxeñaría, estudos, consultoría… 
  5. MATERIAL FUNXIBLE OU COMPOÑENTES; 
  6. VIAXES E AXUDAS DE CUSTO segundo DECRETO 144/2001; 
  7. AXENTES COOPERANTES: conceptos incluídos nos puntos 1 a 6 anteriores. No caso de CENTROS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN OU TECNOLÓXICOS o custo da colaboración pode incrementarse nun 10% como GASTOS INDIRECTOS presentando Informe Técnico do método de imputación; 
  8. IVE só se é soportado e non recuperable. Nunca no caso de Organismo de Dereito Público.

O interese radica en que a contía da subvención pode acadar o 100%, cun mínimo de 3.000 e un máximo de 200.000 euros.

O prazo de solicitude remata o próximo 22 de agosto.

Máis info:
ORDE 11/07/2013: DOG 22/07/2013, páx. 28.912
Modif prazos xustificación: DOG 20/10/2013, páx. 42.409

No hay comentarios:

Publicar un comentario