Como o próximo 21 de maio será o 20 aniversario do programa LIFE, imos dedicar uns minutos a lembrar en que consiste o programa LEADER, xa que o LIFE estará en breve bastante publicitado.
Neste programa poderán ter a condición de beneficiarios:
1) Persoas físicas ou xurídicas de carácter privado;
1) Persoas físicas ou xurídicas de carácter privado;
2) Entidades públicas de carácter local ou comarcal;
3) Comunidades de montes veciñais en man común.
Deben ter a consideración de PEMEs.
Os proxectos e actuacións subvencionables deberán contribuír a acadar algún dos seguintes obxectivos:
Medida 411 - Dinamización do sector agrario e forestal:
-Investimentos no sector agrario.
Medida 411 - Dinamización do sector agrario e forestal:
-Investimentos no sector agrario.
-Aumento do valor económico dos montes.
-Aumento do valor engadido dos produtos agrarios e forestais.
-Cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no sector agrario, alimentario e forestal.
Medida 412 - Mellora ambiental e do contorno rural:
-Investimentos non-produtivos en explotacións agrarias.
-Investimentos non-produtivos en espazos forestais.
-Investimentos non-produtivos para a adecuación, recuperación e posta en valor do patrimonio natural no contorno rural.
Medida 413 - Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida:
-Diversificación das explotacións agrarias cara a actividades non agrarias.
-Creación, ampliación e modernización de PEMEs.
-Fomento de actividades turísticas.
-Servizos básicos para a economía e a poboación rural.
-Renovación e desenvolvemento de poboacións rurais e conservación e mellora do patrimonio rural.
-Formación vinculada a proxectos subvencionados.
Serán conceptos subvencionables:
1-Construción, adquisición e mellora de bens inmobles;
2-Instalacións e compra de maquinaria e equipos, incluídos programas informáticos;
3-Equipamento e material non funxible;
4-Adquisición de terreos non edificados (MÁX 10% do investimento total);
5-Custos xerais como estudos técnicos, gastos de proxectos, dirección de obra, estudos de viabilidade, consultaría relativa aos investimentos realizados, e adquisición e expedición de patentes e licenzas (MÁX 20% do investimento total);
6-Medios e equipos de transporte.

A porcentaxe máxima de subvención ao abeiro do programa LEADER, independentemente doutras axudas complementarias compatibles, é para os proxectos produtivos ata o 45%, e para os proxectos non produtivos de ata o 100%, dependendo da tipoloxía do proxecto. O límite máximo de axuda por proxecto é de 250.000 €, dependendo da tipoloxía de proxectos regulada no Réxime de Axudas.
O prazo para a presentación de solicitudes de subvención estará aberto ata o 1 de Setembro de 2013, sempre que non se esgoten os fondos antes.
Para preparar as solicitudes a tramitación é sinsela, basta coñecer a que GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ou GDR pertence o noso concello, xa que actuarán como intermediarios no proceso, vexámonos no MAPA.
Unha vez situados, podemos consultar as condición de participación no noso GDR, por exemplo, no GDR-18 (es que yo te soy de Vigo) aparece toda a información necesaria para a tramitación da axuda: manual do promotor (osease do beneficiario), modelos normalizados para cubrir, lexislación aplicable...
MÁIS INFORMACIÓN: AGADER
MÁIS INFORMACIÓN: AGADER

No hay comentarios:
Publicar un comentario