lunes, 28 de mayo de 2012

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DESENVOLVIDOS POR INVESTIGADORES EMERXENTES

¿Quen dixo que había recortes na I+D?, pois a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para proxectos de investigación desenvolvidos por investigadores emerxentes, concretamente para INVESTIGADORES DO SUG con vinculación estable nunha universidade do SUG ou vinculación temporal durante a vixencia desta axuda e que cumplan ao menos unha das tres situacións seguintes:
  1. Teñan sido ou sexan contratados mediante os programa Parga Pondal ou Ramón y Cajal;
  2. Teñan sido perceptores das axudas para Grupos Emerxentes do programa Consolidación ou Estruturación da Unidades de Investigación Competitivas;
  3. Sexan menores de 41 anos a data 31/12/2012 e acrediten experiencia investigadora postdoutoral superior a 24 meses en centros de fora de Galicia.

Se financiarán gastos, ata un máximo de  100.000 euros, de:
  a) Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto (IMPORTE MÍNIMO 21.000 €/Tit Sup ou 18.000€/Tit Medio ou FP);
  b) Dedicación equipamento científico-técnico e material bibliográfico;
  c) Material funxible.
  d) Desprazamento para actividades que se precisen;
  e) Estadías de investigación necesaria para acadar de forma óptima os obxectivos do proxecto (MÁX 10%);
  f) Outros gastos;
  h) Custos indirectos ou gastos xerais que regulamentariamente lle exixe a universidade ao grupo solicitante (MÁX 20%xAxuda).
O prazo de solicitude remata o 25 de xuño de 2012.

CONVOCATORIA e BASES REGULADORAS: ORDE do 14 de Maio de 2012 (DOG 25 de Maio de 2012, páx. 19.874)

No hay comentarios:

Publicar un comentario