lunes, 28 de mayo de 2012

FOMENTO EMPRENDEMENTO FEMININO

O 22 de maio a Consellería de Presidencia convocou axudas para incentivar ás MULLERES EMPRENDEDORAS á posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral.

Dispón de catro liñas incompatibles entre si, agás a cuarta:
  1. Liña Emprende: primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino por conta propia e allea.
  2. Liña Innova: primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
  3. Liña Activa: primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales acadar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción.
   4. Liña Concilia: apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden a calquera dos programas das tres liñas anteriores.

E serán subvencionables: 
  Liña Emprende: posta en marcha, dende 22/06/2011 ata 22/06/2012, dunha iniciativa empresarial.
  Liña Innova: mellora empresarial.
  Liña Activa: reactivación da actividade económica para o mantemento do emprego.
   Liña Concilia: empresas que opten a calquera dos programas anteriores.

Cos seguintes limites (dentro de cada liña só se pode beneficiar dunha prima):
  1. Liña Emprende:
    a) 12.000 euros si crean 2 postos de traballo con contrato indefinido para mulleres.
    b) 18.000 euros si crean máis de 2 postos de traballo por conta propia para mulleres.
    c) 20.000 euros si crean 2 postos de traballo por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
    d) 22.000 euros si crean 2 postos de traballo por conta propia e 2 postos por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
 2. Liña Innova:
    a) 15.000 euros.
    b) 18.000 euros si, ademais do emprego obrigatorio, crean un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.
    c) 22.000 euros ás empresas nas cales existan máis de dúas traballadoras autónomas e se cree, ademais do emprego obrigatorio, un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.
 3. Liña Activa:
    a) 6.000 euros ás empresarias autónomas.
    b) 12.000 euros ás sociedades constituídas por dúas promotoras, e ás empresarias autónomas sempre que se manteña ou se cree un posto de traballo con contrato indefinido para outra muller.
    c) 18.000 euros ás empresas que manteñan ou creen máis de dous postos de traballo por conta propia para mulleres.
    d) 20.000 euros ás empresas que manteñan ou creen dous postos por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
    e) 22.000 euros ás empresas que manteñan ou creen dous postos de traballo autónomo e dous postos por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
 4. Liña Concilia:
    a) 3.000 euros para promotora con fillos/as menores de 3 anos.
    b) 5.000 euros por acordo ou convenio de conciliación.
    c) 1.000 euros por contrato de teletraballo, para mulleres ou homes, e co máximo de 5.000 euros.

Se estades interesadas en solicitalas o prazo finaliza o 22 de Xuño de 2012.
CONVOCATORIA e BASES REGULADORAS: RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012 (DOG 22 maio 2012)
CORRECCIÓN ERRORES: DOG 1 xuño 2012
REQUIRIMENTOS EMENDA: RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2012 (DOG 24 agosto 2012

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar