miércoles, 2 de mayo de 2012

PREVENCIÓN, PROTECIÓN, MELLORA E COÑECEMENTO AMBIENTAL

A Consellería de Medioambiente, preocupada pola produción e o consumo sustentable, acaba de publicar as Bases Reguladoras e a Convocatoria 2012 para axudar as PEMEs en actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
 
Con esta iniciativa preténdense incentivar actuacións de:
  A. Reducción das emisións á atmosfera OU mellora da calidade físico-química do aire.
  B. Melloras do comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e residuos.
  C. Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais.
  D. Implantación e mantemento do EMAS.

Sendo conceptos subencionables os seguintes INVESTIMENTOS que:
  A1. Acaden unha redución efectiva de emisións de GEIs considerados polo Protocolo de Kyoto (CO2, CH4, N2O, HFC, PFC, SF6);
  A2. Melloren a calidade do aire e/ou reduzan ou melloren a medición das emisións distintas dos GEIs;
  A3. Reduzan o ruido;
  B1. Reutilicen productos ou materiais empregados;
  B2. Reduzan a cantidade de residuos industriais ou comerciais xerados;
  B3. Separen axeitadamente en orixe os residuos xerados;
  B4. Reciclen ou aproveiten de calqueira outra forma posterior os residuos xerados;
  B5. Introduzan melloras tecnolóxicas aplicadas á xestión e uso sustentable dos recursos e dos residuos;
  B6. Outras actuacións ou investimentos relacionados co obxetivo B.
  C1. ESTUDOS de análise de riscos ambientais en instalación industriais conforme ao RD 2090/2008;
  D1. TRABALLOS de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación do EMAS e rexistro da entidade;
  D2. TRABALLOS de verificación e validación necesiarias para renovación no rexistro cada 3 anos, a través da validación da declaración ambiental actualizada.

As contías para estas subvencións acdas os seguintes porcentaxes:
  A e B: 90% ata 150.000 €, salvo A3 ata 100.000 €;
  C: 60% ata 10.000 €;
   D: 60% ata 5.000 € se non dispoñen de ISO 14001 e ata 3.000 € se parten dunha ISO 14001 ou amplien o alcance do sistema.

E o prazo de solicitude estará aberto ata o 2 de Xuño de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario