lunes, 21 de mayo de 2012

UNIDADES DE INVESTIGACIÓN DO S.U.G. (ED431B)

Co fin de consolidar, estruturar e especializar ás unidades de investigación máis competitivas do Sistema Universitario de Galicia (S.U.G.) a Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas baixo as seguintes modalidades: 
     a) Grupos de referencia competitiva;
     b) Grupos con potencial de crecemento;
     c) Redes de investigación;
     d) Agrupacións estratéxicas.

O obxectivo de cada unha delas será:
     a) Consolidación de grupos de investigación do SUG que pola súa produ­ción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema Galego de Innovación;
     b) Consolidación de grupos de investigación do SUG que pola súa produ­ción científica e a súa actividade de I+D amosen potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do SUG;
     c) Apoiar o desenvolvemento dun plan de actua­cións en rede que permita conformar novas capacidades científicas e abordar con maior efectividade novos obxectivos en investigación.
      d) Apoiar ás Universidades para que desenvolvan estruturas organizativas de investiga­ción máis eficientes mediante a integración estable dos recursos, capacidades e obxecti­vos dos actuais grupos de investigación.

Por tal motivo os beneficiarios serán Grupos de investigación do SUG recoñecidos pola súa universidade de orixe, para as tres primeiras modalidades, e Universidades do SUG que fosen beneficiarias das axudas para Agrupacións Estratéxicas nas convocatorias de 2008 e 2009, para a modalidade d).

Serán conceptos subvencionables para os catro casos:
   1. Contratación de persoal investigador ou auxiliar. Incluido persoal dedicado ás funcións de xestión do Grupo, da Rede ou da Agrupación.
   2. Pequeno equipamento e material funxible, incluido custos de mantemento derivados de materiais, subministracións, instrumental e similares.
   3. Material bibliográfico e adhesión a sociedades científicas.
   4. Formación dos membros do Grupo relacionada.
   5. Viaxes.
   6. Investigadores visitantes.
   7. Organización de actividades de difusión e presenza en medios de comuni­cación.
   8. Ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, etc.
   9. Consultoría e asesoramento externo para deseñar e aplicar a estrutura e a estratexia da Rede, da Agrupación ou do Grupo.
   10. Actividades para xerar Rede ou favorecer a Agrupación, non só entre os promotores, senón tamén con terceiros.
   11. Informe de auditoría (MÁX 3.000 €, cando a axuda sexa financiada polo FEDER)
    12. Custos indirectos (MÁX 20% da axuda, destes un 5% destinarase a financiar as subscricións de cada Universidade ás publicación electrónicas).

E as contías da subvención poden acadar:
  a) Grupos de referencia competitiva:
     1. Módulo fixo: 50.000 euros/ano.
     2. Módulo variable, acumulable ao anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo nos 3 exercicios anteriores á concesión, segundo os seguintes tramos:
          –De 200.000 a 300.000 €: ata 20.000 €/ano.
          –De 300.000 a 400.000 €: ata 30.000 €/ano.
          –Superiores a 400.000 €: ata 50.000 €/ano.
   b) Grupos con potencial de crecemento: Modulo fixo: 35.000 €/ano.
   c) Redes de investigación: Modulo fixo: 60.000 €/ano.
   d) Agrupacións estratéxicas: Modulo fixo: 250.000 €/ano.

Para os interesados lembrade que o prazo para a solicitude remata o 15 de Xuño do 2012, e a duración das actividades pode acadar os dous anos, prorrogables en función do cumprimento dos obxectivos.

CONVOCATORIA 2012: ORDE do 7 de Maio de 2012 (DOG 15 de Maio de 2012, páx. 18.267)
CORRECCIÓN ERROS: DOG 22 de Maio de 2012, páx. 19.176 
MODIFICACIÓN CONVOCATORIA 2012: ORDE do 25 de Maio de 2012 (DOG 1 de Xuñao de 2012, páx. 21.192)
BASES REGULADORAS: ORDE do 24 de Xaneiro de 2012 (DOG 8 de Febreiro de 2012, páx. 5.386)

No hay comentarios:

Publicar un comentario