lunes, 20 de agosto de 2012

USO DAS TICS NO RURAL GALEGO

A AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (AGADER) acaba de convocar unha subvención co fin de potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións, por parte das empresas de menos de 10 traballadores que estean situadas nas áreas rurais de Galicia, é dicir, que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

Estas axudas están destinadas á implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software) nas microempresas para que aproveiten as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xunto con acceso á internet de calidade, no seu proceso de negocio. Polo tanto serán conceptos subvencionables:

  1º. Equipamentos electrónicos da rede de datos de área local (LAN) da empresa: ordenadores servidores da rede, equipamentos de comunicacións en rede de cobre ou óptica (switches, routers, amplificadores etc), equipamentos de comunicacións de rede sen fíos (puntos de acceso, concentradores etc).
  2º. Equipamentos para a seguridade da rede de datos: dispositivos fixos de almacenamento da información e barreiras de seguridad (firewalls).
  3º. Elementos do cableado estruturado: cable de datos trenzado, fibra óptica, tomas de rede, armarios bastidores, sistemas de alimentación ininterrompida (SAI) nos bastidores, certificacións da rede de cobre ou óptica.
  4º. Subministración e instalación de licenzas de software no equipamento hardware.

Ollo porque non serán subvencionables páxinas web, licenzas ofimáticas, elementos de usuarios (PCs persoais, SAIs de usuario, tablets...), ...

A intensidade da axuda pode acadar o 50% do investimento subvencionable, chegando a un máximo de 30.000 euros. O investimento mínimo debe superar os 4.000 euros.

O prazo para solicitar ditas axudas rematará o 20 de setembro, e o prazo para executar os investimentos vinculados finaliza o 30 de novembro de 2012.

martes, 14 de agosto de 2012

MODIFICACIÓN GASTOS SUBVENCIONABLES FEDER-INNTERCONECTA

     Acaba de salir publicado en BOE una modificación de las Bases Reguladoras del programa FEDER-INNTERCONECTA que afectará a la futura convocatoria de dicho programa.

     La modificación que se realiza es la ELIMINACIÓN DE LOS GASTOS GENERALES como concepto subvencionable, es decir, esos gastos que por su naturaleza no se puden imputar exclusivamente al proyecto (electricidad, agua, teléfono...) y que se calculaban multiplicando los COSTES DE PERSONAL IMPUTADOS AL PROYECTO por el porcentaje resultante de dividir diferentes conceptos de la CUENTA 62 del último ejercicio (621, 622, 624, 628 y 629) entre el COSTE TOTAL DE PERSONAL DE LA EMPRESA, con un límite máximo del 30%.

Modificación BR: Orden ECC/1808/2012
Bases Reguladoras: Orden CIN/1729/2011