jueves, 22 de agosto de 2013

AXUDAS PARA O EMPREGO: I+E+E E AUTÓNOMO

A Conselleria de Traballo e Benestar acaba de convocar o Programa de Fomento das Iniciativas Emprendedoras e de Emprego (I+E+E) e o Programa para a Promoción do Emprego Autónomo.

PROGRAMA I+E+E (TR340K)

A finalidade deste Programa I+E+E é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na CC.AA. de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Este Programa inclúe os seguintes tipos de axudas:
     a) Subvención á xeración de emprego estable (ata 6.000e).
     b) Subvención financeira de préstamos para inmobilizado (redución dos tipos interés).
     c) Subvención para asistencia técnica para formación e estudos ou informes (ata 12.000e).
     d) Subvención para o inicio da actividade (ata 4.800e por emprego).
     e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras (ata 3.000e).

PROGRAMA EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

Por outro lado, o Programa de Emprego Autónomo ten como finalidade a promoción e axuda a financiación daqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como
persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Os tipos de axuda deste programa son:
     a) Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia (ata 10.000e).
     b) Subvención financeira de préstamos para inmobilizado (redución dos tipos interés).

O prazo xeral para solicitar ditas axudas remata o 30 de setembro de 2013.

Máis info:
BR e convocatoria I+E+E: ORDE do 19 agosto 2013, páx. 33.771
BR e convocatoria Emprego autónomo: ORDE do 19 agosto 2013, páx. 33.813
Corr erros Emprego autónomo: DOG 12/09/2013
Convocatoria I+E+E anterior: XACHODICÍAEU

lunes, 19 de agosto de 2013

PROMOCIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN NO SECTOR TEXTIL-MODA-CONFECCIÓN

Co fin de incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción e acceso a mercados, xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector TEXTIL-MODA-CONFECCIÓN nos mercados externos a Galicia, tanto estatais coma internacionais, o IGAPE acaba de convocar estas axudas IG515B (convocadas en anos anteriores pola Consellería de Economía e Industria).

Están destinadas a empresas privadas  do  sector téxtil-moda-confección dadas de alta nos grupos 43, 44, 45 ou 613 do IAE, pero OLLO, deben dispor dun DIAGNÓSTICO POSITIVO do Potencial de Internacionalización realizado por IGAPE ou ICEX cun máximo de 4 anos de antiguedad.

Tanto as actuacións como os conceptos subvencionables son os seguintes:
   a) Actuacións de difusión: gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución, impresión e inserción:
a.1: Difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en prensa, revistas, internet e valos publicitarios fóra de Galicia.
a.2: Difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito de Galicia.
   b) Actuacións de promoción:
b.1: Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que teñan lugar fóra de Galicia: gastos de aluguer de espazos e servizos; construción, montaxe e decoración de postos; transporte do material de exposición; inscrición e seguro obrigatorio; inserción no catálogo da feira; estilismo; fotografía; modelos; traballos de gabinetes de comunicación; contratación de intérpretes.
b.2: Córners situados tanto no mercado nacional como internacional para favorecer a promoción a través de exposicións permanentes así como mellorar a presenza da marca nos puntos de venda e show-rooms sempre que sexan no estranxeiro: gastos de construción, amoblamento, decoración e deseño do espazo; traballos de gabinetes de comunicación.
   c) Actuacións de acceso a mercados: gastos de asesoramento xurídico e legal; viaxes de prospección realizados por persoal da empresa e referidos unicamente a transporte público (avión ou tren) e establecementos hoteleiros (aloxamento e almorzo), cun máximo de dúas persoas.
c.1: Estratexia de penetración nos mercados externos a Galicia a través da expansión da marca.
c.2: Estratexias de penetración nos mercados internacionais a través de licenzas de marca.

A contía da axuda dependerá do tamaño da empresa solicitante, e cun máximo de 120.000 €:
      MICROEMPRESAS: 60%;
      PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS: 50%;
      GRANDES EMPRESAS: 30%.

As actuación poden ir dende o 1/01/2013 ata o 31/10/2013, excepto ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN realizadas dende o 31/10/2012 e gastos efectuados no 2012 en concepto de RESERVA para participar en eventos expositivos realizados no 2013.

O prazo de solicitude destas axudas remata o 19 de Setembro de 2013.

Máis info:
BR e Convocatoria: RESOLUCIÓN 30 xullo 2013 (DOG 19/08/2013, páx. 33.284)
Solicitude: OFICINA VIRTUAL do IGAPE
Ampliación crédito: RESOLUCIÓN 17/12/2013 (DOG 19/12/2013, páx. 48.870)

miércoles, 14 de agosto de 2013

INVESTIGACIÓN NO SECTOR AGROALIMENTARIO, AGRÍCOLA E FORESTAL

A Consellería de Medio Rural convocou o pasado 22 de xullo as axudas para a realización de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario e forestal. Entendéndose por novo produto a obtención dun ben anteriormente inexistente; por novo proceso que implica a obtención dun novo uso transformado para unha materia prima preexistente; e por nova tecnolóxica a mellora da eficiencia dun proceso produtivo.

Está destianda aos seguintes beneficiarios: 
  A. Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura. 
  B. Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

Poderán participar baixo a forma de axentes cooperantes e cun mínimo do 10% do orzamento: 
  C. Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria. 
  D. Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e do Mar e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da CC.AA. (PARTICIPACIÓN OBRIGADA)

Esta axuda subvenciona actividades de: 
  1. Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e os seus transformados. 
  2. Iniciativas de cooperación que introduzan melloras ambientais en procesos e tecnoloxías de produción e transformación agroalimentaria. 
  3. Iniciativas de cooperación que permitan o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal.

E serán conceptos subvencionables:
  1.A. ENTIDADES PRIVADAS: PERSOAL PROPIO (MÁX 25%x[ORZAMENTO TOTAL MENOS CUSTOS AXENTES COOPERANTES]); 
  1.B. CENTROS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN OU TECNOLÓXICOS (non poden imputar PERSOAL PROPIO): PERSOAL TEMPORAL CONTRATADO (doutores, titulación universitaria ou técnica de grado medio ou superior) e PEROAL DE APOIO NON VINCULADO ESTATUTARIA OU CONTRACTUALMENTE; 
  2. EQUIPAMENTO E INSTRUMENTAL (dedicación); 
  3. ADECUACIÓN OU MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO; 
  4. SERVICIOS TECNOLÓXICOS EXTERNOS: análises, ensaios de laboratorio, enxeñaría, estudos, consultoría… 
  5. MATERIAL FUNXIBLE OU COMPOÑENTES; 
  6. VIAXES E AXUDAS DE CUSTO segundo DECRETO 144/2001; 
  7. AXENTES COOPERANTES: conceptos incluídos nos puntos 1 a 6 anteriores. No caso de CENTROS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN OU TECNOLÓXICOS o custo da colaboración pode incrementarse nun 10% como GASTOS INDIRECTOS presentando Informe Técnico do método de imputación; 
  8. IVE só se é soportado e non recuperable. Nunca no caso de Organismo de Dereito Público.

O interese radica en que a contía da subvención pode acadar o 100%, cun mínimo de 3.000 e un máximo de 200.000 euros.

O prazo de solicitude remata o próximo 22 de agosto.

Máis info:
ORDE 11/07/2013: DOG 22/07/2013, páx. 28.912
Modif prazos xustificación: DOG 20/10/2013, páx. 42.409

INVESTIMENTOS INNOVADORES 2013

O pasado 22 de xullo a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocou as axudas para incentivar o desenvolvemento de actuacións que incidan na capacidade competitiva das empresas e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a dotación de unidades de I+D como via de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos, e a transferencia de tecnoloxía.

Están dirixidas a EMPRESAS PRIVADAS CON PERSONALIDADE XURÍDICA (CNAE-09 excluidos: 01, 02, 03, 05, 10.2, 24.1, 24.2, 24.3, 24.51, 24.52, 30.11, sector de fibras sintéticas e actividades relacionadas coa exportación).

Son subvencionables os activos materiais e intanxibles vinculados a:
  1. Maquinaria necesaria para o proxecto. 
  2. Equipamento específico para a unidade de I+D.
  3. Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos (MÁX 25%). 
  4. Adquisición de dereitos de propiedade industrial relativos a invencións.

Estes activos deben ser necesarios para os proxectos: 
  A. Creación dun novo centro produtivo ou a ampliación dun establecemento da empresa solicitante coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos. 
  B. Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais. 
  C. Transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente. 
  D. Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico (Dotación de unidades de I+D). 
  E. Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións.

Esta convocatoria oferta unha contía de subvención de: 
   PEQUENA EMPRESA: 50% 
   MEDIANA EMPRESA: 40% 
   GRAN EMPRESA e SECTOR TRANSPORTE: 30%

Serán necesarios uns orzamentos mínimos de 50.000 euros para os proxectos tipo A, B e C, 30.000 euros para os tipo D, e sin orzamento mínimo para os tipo E.

O prazo de solicitude remata o próximo 22 de agosto.

O prazo de xustificación ampliouse ata o 30 de decembro de 2013.

Máis info:

RESOLUCIÓN 11/07/2013: DOG 22/07/2013 páx. 28.953
Ampliación prazo xustificación: DOG 28/10/2013 páx. 42.263