A Consellería de Economía e Industria acaba de publicar unha modificación, concretamente ampliando o prazo de xustificación ata o 20 de decembro de 2012, o que implica que aumentará o prazo de execución, das axudas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización no sector textil-moda-confección.
Os lembramos as condicións de ditas subvencións:
-O seu obxetivo é incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción e acceso a mercados, xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados externos a Galicia, tanto estatais coma internacionais.
-Está destinada á empresas privadas pertencentes ao sector téxtil-moda-confección dadas de alta nos grupos 43, 44, 45 ou 613 do IAE.
-Son conceptos subvencionables nas súas diferentes liñas de actuación:
a) Actuacións de difusión: gastos de deseño, elaboración, edición montaxe, produción, tradución, impresión e insercións:
a.1: Difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en prensa, revistas, internet e valos publicitarios fóra da CC.AA. de Galicia.
a.2: Difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito de Galicia.
b) Actuacións de promoción:
b.1: Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que teñan lugar fóra de Galicia: gastos de aluguer de espazos e servizos; construción, montaxe e decoración de postos; transporte do material de exposición; inscrición e seguro obrigatorio; inserción no catálogo da feira; estilismo; fotografía; modelos; traballos de gabinetes de comunicación específicos para o evento; contratación de intérpretes.
b.2: Córners situados tanto no mercado nacional como internacional para favorecer a promoción a través de exposicións permanentes así como mellorar a presenza da marca nos puntos de venda e show-rooms sempre que sexan no estranxeiro: gastos de construción, amoblamento, decoración e deseño do espazo; traballos de gabinetes de comunicación específicos.
c) Actuacións de acceso a mercados:
c.1: Estratexia de penetración nos mercados externos a Galicia a través da expansión da marca: gastos de consultoría externa e asistencia técnica que engloben o desenvolvemento dos traballos necesarios para a elaboración do proxecto; asesoramento económico, xurídico e legal que deriven da elaboración do proxecto; viaxes de prospección, realizados por persoal da empresa e referidos unicamente a calquera tipo de transporte público ou establecementos hoteleiros, cun máximo de dúas persoas.
c.2: Estratexias de penetración nos mercados internacionais a través de licenzas de marca: gastos de de consultoría externa e asistencia técnica que engloben o desenvolvemento dos traballos necesarios para a elaboración do proxecto; asesoramento económico, xurídico e legal que deriven da elaboración do proxecto.
-A cuantía da axuda varía en función do tamaño da empresa: MICRO: 60%; PEQUENA: 50%; MEDIANA: 40%; GRANDE: 30%; sempre cun límite máximo de 120.000 €.
-O prazo para solicitalas rematou o 11 de Xullo de 2012, cun periodo de gastos e pagos dende 1/01/2012 a 20/12/2012 (excepto gastos efectuados no 2011 en concepto de ANTICIPO para participar en eventos expositivos realizados no 2012).