miércoles, 16 de octubre de 2013

IN525A-AXUDAS PARA O FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL

Co fin de fomentar a protección da propiedade industrial galego, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións, a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN convoca a anualidade 2013 desta liña de axudas: IN525A-FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL. Trátase de impulsar a protección das innovacións técnicas (invencións), noutros anos tamén se impulsaron as innovacións de forma (deseños industriais) e de imaxe (signos distintivos), feitas por EMPRESAS PRIVADAS CON PERSONALIDADE XURÍDICA.

Se subvencionan ata un 70%, cun límite de 30.000 euros, gastos, incurridos dende o 1/01/2013 ata a data de solicitude, como:
  
  A. Solicitude de títulos de propiedade industrial relativas a invencións, ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais. Gastos subvencionables:
     -Taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites.
     -Consultoría externa* asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites. 

  B. Mantemento de títulos de propiedade industrial correspondente a invencións, incluíndo todos os trámites correspondentes á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade realizados ante a oficina oficial de propiedade industrial correspondente. Gastos subvencionables:
     -Taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites.
     -Consultoría externa* asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites. 

  C. Análises de rexistrabilidade de títulos de propiedade industrial correspondente a invencións. Gastos subvencionables
     -Prezos públicos aplicados pola OEPM asociados á realización de buscas retrospectivas ou informes tecnolóxicos de patentes.
     -Consultoría externa* asociados á realización de buscas de antecedentes rexistrais ou informes de rexistrabilidade, efectuados con carácter previo á solicitude de protección do título.
 
O prazo de solicitude estará aberto ata o 15 de Novembro de 2013, pero recordade que estas subvención tramitaránse en réxime de concorrencia NON competitiva, é dicir, o primeiro que as solicite as percibe mentres non se agote a partida presupuestaria, 250.000 euros (a mitade do ano 2012), reservada para a liña de axuda. 
 
* Os gastos en CONSULTORÍA teñen uns límites recollidos no ANEXO V da orde de bases reguladoras e convocatoria (dicir que a día de hoxe se esqueceron de incluir dito anexo no DOG). 
 
Máis info:
RESOLUCIÓN do 10 de Outubro de 2013 (DOG 16 de Outubro de 2013, páx. 40.928)
ANEXOS III a V (non publicados no DOG) 
Corr erros: RESOLUCIÓN do 18 de Outubro de 2013 (DOG 11 de Novembro de 2013, páx. 43.847)

No hay comentarios:

Publicar un comentario