miércoles, 19 de marzo de 2014

AXUDAS PARA O USO DAS TICs NAS ÁREAS RURAIS

A AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (AGADER) co obxectivo de potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das microempresas que estean situadas nas áreas rurais (excluídos os perímetros urbanos de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) acaba de convocar as axudas MR706A.

Estas axudas están destinadas microempresas privadas (menos de 10 traballadores), físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia.

O investimento mínimo debe de ser de 4.000 euros, e se cofinancian o 50% do custo ata 30.000 euros dos seguintes conceptos: 
   1. Equipos electrónicos da rede de datos de área local (LAN): servidores da rede, equipos de comunicacións en rede de cobre ou óptica (switches, routers, amplificadores…), equipos de comunicacións de rede sen fíos (puntos de acceso, concentradores…). 
   2. Equipos para a seguridade da rede de datos: dispositivos fixos de almacenamento da información e barreiras de seguridade (firewalls). 
   3. Elementos do cableado estruturado: cable de datos trenzado, fibra óptica, tomas de rede, armarios bastidores, sistemas de alimentación ininterrompida (SAI) nos bastidores, certificacións da rede de cobre ou óptica. 
   4. Subministración e instalación de licenzas de software no equipamento hardware.
   Excluídos elementos de usuario, software ofimático, funxibles, páxina web…

Os gastos poderán executarse dende a data de solicitude ata o 30 de agosto de 2014.

Se estades interesados en solicitalas recordade que a data de solicitude remata o 18 de abril de 2014.

Máis info:
Convocatoria 2014: RESOLUCIÓN 27/02/2014 (DOG 18/03/2014, páx. 11.483);
Bases Reguladoras: RESOLUCIÓN 22/04/2013 (DOG 7/05/2013, páx. 14.748)

No hay comentarios:

Publicar un comentario