viernes, 27 de febrero de 2015

UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN: empresas-organismos de investigación

O 23 de febreiro publícase no DOG as axudas para as UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN. Esta liña de axudas pretende incrementar o número destas unidades mixtas en Galicia, que constituen un instrumento favorecedor da cooperación entre os organismos de investigación e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento, mediante convocatorias específicas de apoio á súa creación, posta en marcha e impulso das xa existentes, con vistas a acadar os seguintes obxectivos:
   – Configurar grupos mixtos de traballo entre organismos de investigación e empresas que se convertan en catalizadores do desenvolvemento de liñas de I+D+i.
   – Desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento.
   – Posta en valor dos grupos de investigación.
   – Aproximar os organismos de investigación á empresa.
   – Atraer a Galicia liñas de I+D+i.
   – Incentivar a transferencia de resultados da I+D+i ao mercado.

 
Segundo dita convocatoria poderán ser beneficiarios destas subvencións os organismos
de investigación de Galicia que teñan constituída unha unidade mixta de investigación cunha empresa.
 
O orzamento mínimo da unidade mixta deberá de ser de 2.000.000 euros para un marco temporal de 3 anos. Nas unidades mixtas de investigación do sector biosanitario, un 20% do orzamento poderá estar constituído por achegas procedentes de ensaios clínicos.

A achega da empresa ao orzamento da unidade mixta deberá cumprir os seguintes requisitos:
   – Ter un importe mínimo de 1.000.000 € para un marco temporal de 3 anos. Este importe pode ser monetario ou PERSOAL NOVO
(dedicación mín 50%), PERSOAL PROPIO DESPRAZADO A GALICIA (dedicación mín 25%), EQUIPAMENTO NOVO (MÁX 25%), MATERIAL (MÁX 15%) ou OUTRAS OIs/EMPRESAS (MÁX 25%).
   – Ter un valor medio mínimo do 40% do orzamento total da unidade para un marco temporal de 3 anos.

Por o outro lado, a achega do OI será en forma de PERSOAL NOVO, PERSOAL PROPIO e EQUIPAMENTO.

A contía da axuda alcanza como media dos tres ano o 30% do orzamento total da unidade mixta, sin superar o importe de 1.500.000 €.

Si estades interesados recordade que o prazo de solicitude finaliza o 23 de marzo de 2015.

Máis info:
CONVOCATORIA: Resolución 13/02/2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario