viernes, 30 de marzo de 2012

RE-ACCIONA: SERVICIOS DE INTERNACIONALIZACIÓN Y COMPETITIVIDAD

O IGAPE está poñendo en marcha o programa "Re-Acciona" de prestación de servizos para a internacionalización e mellora da competitividade. O obxectivo é facer accesibles ás PEMEs servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles.
Para comezar esta labor, o IGAPE realizará visitas de "pre-diagnóstico" a 1.000 empresas de toda Galicia, co fin de detectar as súas necesidades reais e orientalas cara aos servizos que poidan resultarlles máis útiles.

A continuación, co apoio dos mellores especialistas, ofreceranse diferentes servizos para a realización de:
      a) Diagnósticos de internacionalización GRATUITOS para detectar o potencial de cada PEME, de cara á súa implantación nos mercados internacionais máis interesantes para a súa actividade.
     b) Diagnósticos integrais de competitividade GRATUITOS, realizados en estreita colaboración co empresario e o equipo directivo da empresa, para involucralos no proceso de evolución, e que facilitan métodos e ferramentas para establecer a situación da empresa en 44 aspectos clave da súa xestión. Obteranse ademáis unha serie de medidas concretas e priorizadas que se poderán aplicar na empresa de forma inmediata para a mellora dos seus resultados.
     c) Ata 10 tipos de servizos avanzados de competitividade a custes moi reducidos para a empresa en dúas áreas:
   Servizos avanzados de profesionalización:
     
1. Optimización financeira e mellora de circulante
      2. Profesionalización da produción
      3. Relanzamento comercial
      4. Control de xestión / xestión por procesos
      5. Imaxe e comunicación empresarial
  Servizos avanzados para o desenvolvemento estratéxico:
     
6. Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial
      7. Desenvolvemento de plans de acción
      8. Plans e protocolos de empresa familiar
      9. Idenficación de redes de cooperación e socios
      10. Transformación radical do negocio, sobre todo en sectores maduros
     d) Un programa de BOLSEIROS integrado por 100 mozos especialistas recén titulados nas empresas para reforzar a capacidade das PEMEs no momento de implantar as melloras  mediante servizos avanzados. Deste modo os participantes neste programa terán a oportunidade de converterse en expertos, recibindo formación teórico-práctica, ao tempo que colaboran na prestación dos servizos.

Desde hoxe pode pedir a súa visita de pre-diagnóstico solicitándoo no enderezo  informa@igape.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario