Co fin de fomentar a protección da propiedade industrial galego, tanto a nivel
nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados
das nosas innovacións, a Consellería de Economía e Industria convoca a anualidade 2012 desta liña de axudas: IN525A-FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL. Trátase de impulsar a protección das innovacións
técnicas (invencións), e das innovacións de forma (deseños industriais) e de
imaxe (signos distintivos) feitas por EMPRESAS PRIVADAS CON PERSONALIDADE XURÍDICA.
Se subvencionan ata un 70%, cun límite de 30.000 euros, gastos, incurridos dende o 1/01/2012 ata a data de solicitude, como:
A. Solicitude de calquera título de propiedade
industrial (invencións, creacións de formas e signos distintivos), incluíndo todos os trámites
que sexan necesarios para a solicitude do título correspondente e que supoñan o
pagamento dunha taxa oficial ante a oficina de propiedade industrial correspondente,
así como a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes.
Gastos subvencionables:
-Taxas
aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites;
-Consultoría
externa* asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da
documentación correspondente aos trámites.
B. Mantemento de calquera título de
propiedade industrial, incluíndo todos os trámites correspondentes á
renovación de marcas, nomes comerciais e deseños industriais e á renovación e
posta en explotación de patentes e modelos de utilidade. Gastos
subvencionables:
-Taxas
aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites;
-Consultoría
externa* asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da
documentación correspondente aos trámites.
C. Análises de rexistrabilidade de calquera título de
propiedade industrial (invencións, creacións de formas e signos distintivos). Gastos subvencionabas:
-Consultoría externa* asociados á realización de buscas de antecedentes
rexistrais ou informes de rexistrabilidade, efectuados con carácter previo á
solicitude de protección do título.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 15 de Novembro de 2012, pero recordade que estas subvención tramitaránse en réxime de concorrencia NON competitiva, é dicir, o primeiro que as solicite as percibe mentres non se agote a partida presupuestaria, 500.000 euros, reservada para a liña de axuda.
*Os gastos en CONSULTORÍA teñen uns límites recollidos no ANEXO X da orde de bases reguladoras e convocatoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario