martes, 17 de abril de 2012

INVESTIMENTOS INNOVADORES

¿¿Es unha empresa privada con personalidade xurídica e buscas desenvolver actuacións que incidan na capacidade competitiva da túa empresa e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver proxectos de innovación, así como dotar as túas unidades de I+D??.
 
En caso afirmativo, NORABOA, a Consellería de Economía e Industria acaba de convocar as axudas para INVESTIMENTOS INNOVADORES orientadas os seguintes proxectos:
  A. Creación dun novo centro produtivo ou a ampliación dun establecemento da empresa solicitante coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.
  B. Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.
  C. Transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente.
  D. Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnológico (Dotación de unidades de I+D).
  E. Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións.

Vas a poder obter unha subvención para activos materiais ou intanxibles como: 
  1. Maquinaria necesaria para o proxecto.
  2. Equipamento específico na unidade de I+D.
  3. Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos (MÁX 25%).
  4. Adquisición de dereitos de propiedade industrial relativos a invencións.

Ata alcanzar un nivel de axuda do 50% (caso de Pequena Empresa, 40% Mediana e 30% Grande ou do sector transporte).

O único requisito é non pertencer aos sectores con CNAE-09 seguintes: 01, 02, 03, 05, 10.2, 24.1, 24.2, 24.3, 24.51, 24.52, 30.11, sector de fibras sintéticas, actividades relacionadas coa exportación; e ter un orzamento mínimo de 200.000 euros nos casos A, B e C, ou 30.000 euros no caso D.

Aproveita ata o 17 de maio de 2012.

BR e Convocatoria 2012
Modificación data xustificación

No hay comentarios:

Publicar un comentario