Co fin de potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das microempresas que estean situadas nas
áreas rurais (excluídos os perímetros
urbanos de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña
e Vigo), a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publicou onte as axudas MR706A.
Están destiñadas a empresas privadas con personalidade xurídica propia de
menos de 10 traballadores (incluído autónomos), é dicir, microempresas ou micropemes.
Estas axudas subvencionarán conceptos como:
1. Equipos
electrónicos da rede de datos de área local (LAN): ordenadores servidores da rede, equipos de comunicacións en rede de cobre
ou óptica (switches, routers, amplificadores…), equipos de comunicacións de
rede sen fíos (puntos de acceso, concentradores…).
2. Equipos
para a seguridade da rede de datos: dispositivos
fixos de almacenamento da información e barreiras de seguridade (firewalls).
3. Elementos
do cableado estruturado: cable de datos
trenzado, fibra óptica, tomas de rede, armarios bastidores, sistemas de
alimentación ininterrompida (SAI) nos bastidores, certificacións da rede de
cobre ou óptica.
4.
Subministración e instalación de licenzas de software no equipamento hardware.
Excluídos elementos de usuario, software ofimático, consumibles…
A contía de axuda pode acadar o 50% cun máximo de 30.000 €, e sempre cun orzamento mínimo de 4.000 € (sen IVE).
Se estades interesados recordade que o prazo de solicitude finaliza o 6 de xuño de 2013 ás 14:00h, e entrarán gastos dende o momento da solicitude ata o 30 de agosto de 2013.
Máis info:
BR e Convocatoria: RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2013 (DOG 87 de 7 de maio de 2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario