Acaban de convocarse as axudas para mellorar os servizos e o acondicionamento de infraestruturas existentes
ou de nova incorporación co fin de que as empresas radicadas nos parques
empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para
desenvolver a súa actividade económica.
Estas axudas, IN519B, cubrirían ata o 80% dos custos subvencionables, cun limite de 120.000 euros:
1. DOTACIÓN DE SERVIZOS CENTRALIZADOS DE XERACIÓN E
SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA;
2. ESTACIÓNS DE DEPURACIÓN DE AUGAS E/OU COLECTORES CON
VERTEDURA Á DEPURADORA MUNICIPAL;
3.
XESTIÓN DE RESIDUOS;
4. VÍAS DE ACCESO AO PARQUE;
5. INSTALACIÓNS DE SISTEMA DE SEGURIDADE E VIXILANCIA.
Os gastos
subvencionables deberán corresponder de manera indubitada á operación
cofinanciada (ORDEN
EHA/524/2008).
As contías poderán incrementarse nos seguintes casos:
+5% nos concellos do
Plan Ferrol, Eume e Ortegal, do Plan Revive Costa da Morte, do Plan Impulsa
Lugo e do Plan Impulsa Ourense.
+15% no caso de solicitudes conxuntas, ata 180.000 €.
A solicitude estará aberta ata o 7 de Xuño de 2013, sendo o periodo de realización de gastos e pagos dende o 1 de xaneiro de 2013 ata o 15 de novembro de 2013.
Máis info:
BR e Convocatoria: ORDE do 2 de Maio de 2013 (DOG
8 de Maio de 2013)
Ampr prazo xustif: ORDE do 13 de Setembro de 2013 (DOG 20 de Setembro de 2013)
Ampr prazo xustif: ORDE do 13 de Setembro de 2013 (DOG 20 de Setembro de 2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario