miércoles, 8 de mayo de 2013

PREVENCIÓN, PROTECIÓN, MELLORA E COÑECEMENTO AMBIENTAL


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas convocou onte axudas para actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
   
Estas axudas están destinadas a PEMEs (ou agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sempre que cada un dos seus integrantes asuma compromiso de execución) e para proxectos de:
  A. Reducción das emisións á atmosfera OU mellora da calidade do aire.
  B. Melloras do comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e residuos.
  C. Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais.
  D. Implantación e mantemento do EMAS.
  E. Determinación da pegada de carbono.
  
Con elas se busca subvencionar INVESTIMENTOS que:
  A1. Produzan unha redución efectiva de emisións de GEIs considerados polo Protocolo de Kyoto (CO2, CH4, N2O, HFC, PFC, SF6);
   A2. Melloren a calidade do aire e/ou reduzan ou melloren a medición das emisións distintas dos GEIs.
  B1. Reutilicen productos ou materiais empregados;
  B2. Reduzan a cantidade de residuos industriais ou comerciais xerados;
  B3. Separen axeitadamente en orixe os residuos xerados;
  B4. Reciclen ou aproveiten de calqueira outra forma posterior os residuos xerados;
  B5. Introduzan melloras tecnolóxicas aplicadas á xestión e uso sustentable dos recursos e dos residuos;
  B6. Outras actuacións ou investimentos relacionados co obxetivo B.
  C1. ESTUDOS de análise de riscos ambientais en instalacións industriais conforme ao RD 2090/2008.
  D1. TRABALLOS de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación do EMAS e rexistro da entidade;
  D2. TRABALLOS de verificación e validación necesiarias para renovación no rexistro cada 3 anos, a través da validación da declaración ambiental actualizada.
  E1. AUDITORÍA para a determinación da pegada de carbono dun ÚNICO produto, inclíndo a consultoría de determinación e a verificación.
  
Teñen unhas contías de axuda en forma de subvención:
  A e B: 80% ata 150.000 €;
  C e E: 60% ata 10.000 €;
  D: 60% ata 5.000 € se non dispoñen de ISO 14001 e ata 3.000 € se parten dunha ISO 14001 ou amplien o alcance do sistema. 
  
O prazo para a súa solicitude remata o 6 de xuño de 2013, e poderán incluirse gastos realizados entre:
   A, B, C e E: 1/XANEIRO/2013 - 30/NOVEMBRO/2013
   D: 1/XANEIRO/2013 - 30/XUÑO/2013
  
Máis info:
BR e Convocatoria: ORDE do 1 de Abril de 2013 (DOG 7 de Maio de 2013, páxina 14.582)
Ampl orzamento: ORDE do 27 de Agosto de 2013 (DOG 9 de Setembro de 2013, páx. 35.555

No hay comentarios:

Publicar un comentario