O pasado venres 13 de decembro publicáronse no DOG as axudas a proxectos de creación de PEMEs ou de realización
de investimentos
en PEMEs novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo
establecemento cun investimento entre 35.000 e 500.000 euros, agora coñecidas como GALICIA EMPRENDE.
Está destinada a PEMEs coas seguintes
características:
1. Composición do capital: maioritariamente pola suma das
participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras
actividades económicas por conta propia e das achegas de
entidades de capital risco e investidores privados dunha rede
business-angels. A participación de persoas que desenvolvan outras actividades económicas non
poderá exceder o 49%. Alo menos
unha persoa física sen outra actividade económica con participación superior
ao 20% deberá ter unha dedicación plena.
2. Antiguedade da actividade: a) Autónomos:
alta censal non superior a 42 meses dende a solicitude de axuda, e dedicación
plena; b) Sociedades: constitución e alta censal non superior a 42 meses.
3. Contribución financeira exenta
de axudas públicas: alo menos un 25% mediante recursos
propios ou financiamento externo.
4. Actividades
excluídas: CNAE 09: 01 (agás 01.61 e 01.62), 02 (agás
02.40), 03, 05, 10.2, 24.1, 24.2, 24.3, 24.51, 24.52, 30.11, 46.38, sector fibras sintéticas, e sector hostalaría, restauración
e hospedaxe (agás dúas estrelas ou superior).
Subvencionanse conceptos como:
a) INVESTIMENTOS en:
i. Obra
civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións.
ii. Bens
de equipamento: maquinaria de proceso, utensilios, equipamentos
informáticos, mobiliario, instalacións específicas, elementos de transporte
interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do
ambiente e outros bens de equipamento. Nos sectores do transporte e loxístico
non serán subvencionables os elementos de transporte exterior.
iii. Outros
activos fixos mobiliarios.
iv. Activos
inmateriais vinculados á transferencia de tecnoloxía: dereitos de
patentes, licenzas, know-how, coñecementos técnicos non patentados, incluíndo
aplicacións informáticas.
b) APROVISIONAMENTOS de
materias primas, produtos terminados ou servizos
de profesionais independentes necesarios para vender (MÁX 10%).
c) GASTO I+D e primeira
anualidade do CANON FIXO DE FRANQUÍAS.
d) ALUGUER DE BENS INMOBLES (MÁX 1
ANO).
e) INFORME DE AUDITORÍA
Cunha contía de axuda mínima do 15% e máxima do 50% segundo a fórmula 15+35x(PUNTUACIÓN/100):
1. INVESTIMENTOS: Medianas: 40%; Pequenas: 50%; Sector
transporte: 30%; Sector transformación e comercialización produtos agrícolas:
50%
2. ALUGUERES: Pequenas: 35%
3. AUDITORÍA: 50%
Para municipios das
comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal, Costa da Morte, e das provincias de Lugo e
Ourense garántese unha axuda mínima do 25%.
Se estades interesados o prazo de solicitude remata o 30 de abril de 2014, ou co esgotamento do crédito asignado para a axuda.
Máis info:
RESOLUCIÓN do 5 de Decembro de 2013 (DOG
13 decembro 2013, páx. 47.893)
Corrección erros (DOG 23 decembro 2013, páx. 49.414)
Modificación BR: RESOLUCIÓN do 5 de Marzo de 2014 (DOG 12 marzo 2014, páx. 10.559)
Corrección erros (DOG 23 decembro 2013, páx. 49.414)
Modificación BR: RESOLUCIÓN do 5 de Marzo de 2014 (DOG 12 marzo 2014, páx. 10.559)
No hay comentarios:
Publicar un comentario