O pasado 2 de decembro publicouse no DOG as axudas a proxectos de equipamento tecnolóxico das PEMEs no
sector dos servizos cun investimento entre 30.000 e 200.000 euros.
Está destinado a:
1. PEMEs que desenvolvan unha actividade do sector
servizos. Excluídas: CNAE 09: 01 (agás 01.61 e 01.62), 02
(agás 02.40), 03, 05, 10.2, 24.1, 24.2,
24.3, 24.51, 24.52, 30.11, 46.38 e sector
fibras sintéticas.
2. Persoas
físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens, ou
calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan
levar a cabo as actividades.
3. Agrupacións de interese económico.
Os proxectos subvencionables deben ter as seguintes características:
a) Viabilidade
técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental.
b) Contribución
financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos.
c) Vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha das
seguintes actividades do sector servizos:
– Construción.
– Comercio por xunto e o comercio retallista: reparación
de vehículos de motor e motocicletas (CNAE 09, grupos 45.1, 45.2 e 45.4)
– Transporte e almacenamento.
– Servizos hostaleiros de aloxamento.
– Servizos de información e comunicacións.
– Seguros, reaseguros e fondos de pensións, excepto SS.SS.
obrigatoria, actividades financeiras auxiliares aos servizos financeiros e aos
seguros.
– Actividades inmobiliarias.
– Actividades profesionais, científicas e técnicas.
– Actividades administrativas e servizos auxiliares.
– Educación.
– Actividades sanitarias e de servizos sociais.
– Actividades artísticas, recreativas e de entretenemento.
– Outros servizos.
Dentro desta axuda serán conceptos subvencionables:
a) Bens de
equipamento de carácter tecnolóxico.
b) Equipamentos para proceso de datos.
c) Software ligado ao servizo prestado pola empresa. Non será subvencionable calquera software que apoie procesos
internos da empresa (como o propio ERP da empresa).
d) Activos fixos destinados á
almacenaxe e loxística (estantes, sistemas de automatización, etiquetaxe e lectura
de datos, elementos de transporte interior).
e) Mobiliario e elementos decorativos (MÁX 20%).
A contía da axuda varía en función do tamaño da empresa: 50% PEQUENAS; 40% MEDIANAS; 30% SECTOR TRANSPORTE.
Se estades interesados nesta axuda podedes preparar a solicitude ata o 18 de febreiro de 2014.
Máis info:
Convocatoria e Bases Reguladoras: RESOLUCIÓN do 26 de Novembro de 2013 (DOG
2 de Decembro de 2013, páx. 46.510);
Corrección erros: DOG
23/12/2013;
Modificacións BR: DOG 28/03/2014;
Ampliación crédito: DOG 25/06/2014.
Modificacións BR: DOG 28/03/2014;
Ampliación crédito: DOG 25/06/2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario